04 Noviembre 2021

Actualización Protocolo Covid 4-11-21


NOTA INFORMATIVA. ACTUALIZACIÓN 04-11-21

 A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE CERTIFICA A ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO FISICOVID DXT GALEGO DA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL 

Os deportistas de 12 anos ou máis con certificado Covid de vacinación coa pauta completa poderán adestrar e xogar sen test nin máscara en fútbol, fútbol sala e gaélico nas categorías de ámbito autonómico.

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia certificou a actualización do Protocolo Fisicovid DXT Galego presentada pola Real Federación Galega de Fútbol. Unha actualización con importantes novidades e que será efectiva a partir deste martes 2 de novembro.

As principais novidades con respecto ao anterior protocolo son:

  1. Os que teñan 12 anos ou máis que acrediten dispor da pauta completa de vacinación (Certificado Covid) poderán adestrar e xogar sen a necesidade de facer test nin usar a máscara.
  2. Os que teñan 12 anos ou máis que non acrediten dispor do certificado de vacinación deberán usar a máscara ou realizar un test covid dentro das 72 horas previas á disputa do partido para poder xogar.
  3. Os menores de 12 anos que adestren ou xoguen na categoría infantil deberán usar a máscara ou realizar un test covid dentro das 72 horas previas á disputa do partido para poder xogar.
  4. Os menores de 12 anos (nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín) deberán seguir usando a máscara, tal e como establece a normativa vixente.
  5. Deixa de ser obrigatorio o rexistro das persoas que entran na instalación deportiva.
  6. Bancos: Permítese o uso dos bancos con normalidade. No caso de non poder manter a distancia de seguridade é obrigatorio o uso de máscara. En interior o uso da máscara é obrigatorio en todo momento.
  7. Os responsables Covid de cada equipo deben indicar na Intranet os xogadores que dispoñen de certificado de vacinación e aqueles que precisan realizar a medida alternativa (test) ou uso de máscara.


En nuestras instalaciones del Colegio Hogar el acceso a los vestuarios será para cambiarse de ropa el tiempo mínimo indispensable manteniendo las distancias de seguridad y con la mascarilla colocada en todo momento. Queda prohibido el uso de las duchas.